最近搜索
Memoria da noite (Ao vivo con Pedro Guerra) - Luar Na Lubre 《Sons da lubre nas noites de Luar》 HQ SQ
更新时间:2025-02-22 00:32:57
文件格式:mp3
音乐下载
被下架或封杀等部分试听资源与网盘资源可能不一致,请以网盘资源为准
标签
Memoria da noite (Ao vivo con Pedro Guerra) - Luar Na Lubre 相似推荐
歌词

Memoria da noite (Ao vivo con Pedro Guerra) - Luar Na Lubre

Madrugada o porto adormeceu amor

A lúa abanea sobre as ondas

Piso espellos antes de que saia o sol

Na noite gardei a túa memoria

Perderei outra vez a vida

Cando rompa a luz nos cons

Perderei o día que aprendín a bicar

Palabras dos teus ollos sobre o mar

Perderei o día que aprendín a bicar

Palabras dos teus ollos sobre o mar

Veu o loito antes de vir o rumor

Levouno a marea baixo a sombra

Barcos negros sulcan a mañá sen voz

As redes baleiras sen gaivotas

E dirán contarán mentiras

Para ofrecerllas ao patrón

Quererán pechar cunhas moedas quizais

Os teus ollos abertos sobre o mar

Quererán pechar cunhas moedas quizais

Os teus ollos abertos sobre o mar

Madrugada o porto despertou amor

O reloxo do bar quedou varado

Na costeira muda da desolación

Non imos esquecer nin perdoalo

Volverei volverei á vida

Cando rompa a luz nos cons

Porque nós arrancamos todo o orgullo do mar

Non nos afundiremos nunca máis

Que na túa memoria xa non hai volta atrás

Non nos humillaredes nunca máis

Non nos humillaredes nunca máis